Viños e Bágoas

Unha colleita pródiga parece lóxico que se traducira nun alabar aos deuses, e non é así. Rías Baixas, a denominación galega con mellor proxección nos mercados da modernidade, repite o conflicto polo desequilibrio entre a produción de uva e as limitacións legalmente establecidas, pero sobre todo e como razón de fondo, na incapacidade para absorver toda esa producción e -eis a clave- posibilidade de comercializala.

As “razoables razóns” que se esgrimen por cada unha das partes -dos viticultores ás adegas pasando polo Consello Regulador- son tan de recibo como de desesperante soluciónpara todas as partes, cecais que para ningunha. Asístenlle aos agricultores, porque é lamentable que cando a colleita é boa resulte que se teñen que “tragar” o excedente.
Asístelle ás adegas, porque a súa liberdade de adquisición de produto non ten máis límites que os establecidos previamente nos contratos. Asístelle ao Consello, que ten que facer cumprir a norma, mellor ou peor, en boa parte condicionada en moitos
casos pola Unión Europea, a nai ao mesmo tempo de tantas benditas subvencións. En calquera caso, de pouco serve agora laiarse de erros cometidos sobre os marcos e porcentaxes de produción e outras alegrías cometidas cando a demanda era superior á
oferta.

Agora non é así. As técnicas vitivinícolas cambiaron un panorama produtivo que segue a depender dos caprichos climáticos, pero deféndese mellor: as terras están máis equilibradas, as plantas científicamente cuidadas, coas defensas mellor dispostas. A producción
multlicouse, pero a demanda non. As colleitas sucédense cada ano, con inexorable periodicidade. A absorción de botellas por parte dos mercados non é tanta a pesar do prestixio. Ultimamente diversificouse a oferta, mesmo no “monolítico” albariño,estamento o que non fai dous lustros o director desta Revista lle lle lanzou un “¿Quovadis?” dada a estandarización daquél entón novo fenómeno.

A outra parte de ¿aonde vas? non está, lamentablemente, superado, antes ben semella a grande espada de Damocles neste momento.
Mentres a D.O. Rueda se paga a uva a 20 céntimos, en Rías Baixas supera o euro. A diferencia de calidade sabemos que é grande, os custes de produción tamén. A posta final no mercado..., tamén. As contas dan polo xusto, pero hai viños máis baratos porque están en mellor disposición de competir, a pesar da alta calidade que hoxe ofrecen os galegos. A crise e os consumidores en crise dificilmente teñen bulsa para deixar que mande o corazón, ou o gusto, mellor dito. Máis ca conflicto pola cantidade, cremos que hai que loitar pola excelencia, polo valor da excelencia e a consecuente defensa do producto nos mercados máis competitivos. Porque se Rías Baixas tira prezos, as demáis denominacións “ainda máis”. E sería a ruína para todos. Non a merece o sector.