Sumilleres británicos visitan O Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro en colaboración coa Oficina Comercial da Embaixada de España en Londres celebra nestes días unha misión comercial inversa de “sommeliers” de Reino Unido.

O programa daba comezo onte coa visita a catro adegas do Ribeiro con exportación do seu viño ao mercado inglés, e a celebración dunha cata de máis de 30 referencias de produtores da rexión con interese en acceder a este mercado.

Nesta xornada o grupo visitará a derradeira adega participante nesta misión, que tamén lles levou a coñecer outras denominacións de viño galegas.

O grupo comparte a súa sorpresa ante a calidade e singularidade dun viño aínda descoñecido en Reino Unido, e sinala a súa aptitude de éxito nesta mercado ao tratarse dun produto novo, de gran personalidade e ao predominar na D.O. as elaboracións coidadas a prezos axeitados.