Show cooking de alta cociña con conservas

O vindeiro 21 de outubro, tres grandes cociñeiros galegos participarán no Show Cooking “Alta cociña con conservas de peixe e marisco”, un evento organizado pola Xunta de Galicia, a través da
Consellería do Mar e da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), que terá lugar a partir das 11:30 horas no hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela.

Xosé T. Cannas, Beatriz Sotelo e Flavio Morganti prepararán en directo tres orixinais receitas cada un, co nexo común das conservas de peixes e mariscos como elemento básico. Posteriormente,
os asistentes terán a oportunidade de degustar as creacións dos prestixiosos chefs.