O Servizo de Gardacostas dependente da Consellería do Mar levou a cabo diversos operativos por todo o litoral de Galicia a través dos que se incautou de máis de 1.500 aparellos de pesca e comisou máis dunha tonelada de diversas especies entre o luns e o domingo da semana pasada. De xeito coordinado cos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, os axentes de Gardacostas desenvolveron un total de 39 operativos contra o furtivismo.
Un total de 16 destes operativos foron levados a cabo nas Rías da Coruña, Muros-Noia, Corcubión, Ferrol e mais na Costa da Morte. Os labores de control e inspección deron como resultado o comiso de máis de 170 quilos de distintos peixes e mariscos, principalmente polbo, camarón e ameixa fina. Ademais, os axentes requisaron un total de 387 útiles, dos cales 170 son nasas de polbo que se incautaron en Corcubión.