Ir al contenido principal
Renovación do certificado medioambiental para as prais da Mariña Luguesa
A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, presidiu en Viveiro unha reunión coa que arrancou o proceso para renovar a certificación medioambiental ISO 14001 das praias mariñanas, uns traballos que financiará ó 100% o organismo provincial, como xa fixo o pasado ano para a implantación deste prestixioso selo de calidade. No encontro participaron a representación técnica que se ocupará de facela auditoría de seguimento e técnicos municipais de Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo, os catro Concellos que aspiran a continuar co distintivo. O Vicedo, que se sumou voluntariamente ó proxecto o pasado ano, desvinculouse agora para a renovación do certificado sen argumentar ningún motivo. Deste xeito, a non ser que asuma esta tarefa con fondos propios, perderá o selo que conseguira na tempada estival de 2010 para tres dos seus areais (Xilloi, Abrela e Areagrande).