O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu este xoves o premio concedido á festa do Arde Lucus pola Fundación CEL ó mellor proxecto de promición exterior da provincia de Lugo. A entrega do galardón, consistente nunha estatua da Fundación CEL e un Diploma de Mérito, correu a cargo do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e tivo lugar esta noite durante a gala da XIII edición dos Premios da Fundación CEL.