Novas accións formativas de Hostelería Compostela

Hostelería Compostela continúa coa súa oferta formativa en áreas especialmente demandadas polo sector empresarial. Así, quince alumnos de Compostela e comarca están a participar nun curso de formación monográfico centrado na elaboración de pratos con arroz.

Participan neste curso, que está a ser impartido por Jorge Iglesias (xefe de cociña do restaurante La Cavita de Santiago) tanto profesionais do sector da restauración como desempregados. A actividade finaliza o vindeiro día 17 pero dende a Asociación xa anuncian que haberá máis durante o inverno.