Linguas e cultura do Camiño

O prazo para inscribirse no congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro” xa está aberto. As persoas interesadas en asistir ao evento, que terá lugar os días 21 e 22 de outubro na capital galega, deben cubrir cos seus datos persoais o formulario de inscrición que atoparán na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A inscrición é gratuíta.

A situación actual e os desafíos das linguas e das culturas minoritarias que se vertebran ao redor do Camiño protagonizan este congreso, que se celebrará no Museo Pedagóxico de Galicia. Nel trataranse cuestións relativas á historia común de diversas linguas e culturas minoritarias en Europa, analizaranse as súas situacións actuais e reflexionarase sobre os principais desafíos que deberán afrontar para proxectarse cara ao futuro.