O Parlamento aprobou unha iniciativa do PPdeG na que se insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para que negocie co Goberno portugués un sistema de telepeaxe única para as autoestradas e autovías da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, destacou nese sentido que a Xunta está “dende o primeiro momento” a buscar solucións e criticou a “política de brazos cruzados do Ministerio de Fomento” ao respecto deste tema.
Gómez Alonso considera que a situación actual é unha barreira máis con repercusións económicas negativas nunha zona “que está entre as tres fronteirizas de maior intercambio comercial e mobilidade social e laboral da UE”.