Galicia é a primeira comunidade de España en explotación e cultivo de cefalópodos rexistrando no ano 2010 unha produción de máis de 11.962 toneladas, o que supuxo un valor económico de case 30,8 millóns de euros.Esta importancia dos cefalópodos para o sector pesqueiro galego é un dos aspectos que se abordará hoxe e o 20 de outubro nas xornadas Evolución e Tendencias das Poboacións de Cefalópodos de Interese Industrial, que se celebran no Centro Tecnolóxico do Mar, CETMAR, en Vigo e inauguradas esta mañá polo director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio.