ERE en Semana Verde

A Fundación Semana Verde e os representante dos traballadores asinaron un acordo co que se procede a racionalizar o cadro de persoal, polo cal a Fundación procederá a efectuar 7 despidos e 2 prexubilacións. O ERE de suspensión afectará ao resto do plantel, pero co limite de que ningún traballador estea suspendido mais de 6 meses. Desta maneira, a Fundación Semana Verde continúa a tomar medidas “para garantir a súa viabilidade e a súa continuidade, dentro da delicada situación económica global e en especial da complicada situación dos recintos feirais”, sinala a Xunta.

Nese sentido, o Goberno galego insiste en que segue “comprometido” co futuro da Semana Verde e segue a buscar iniciativas e áreas de negocio “que permitan que siga camiñando cara o seu autofinanciamento”.