Ir al contenido principal
A cultura xacobea viaxa a Holanda
A cidade holandesa de Utrecht acolle, ata o vindeiro 26 de febreiro, a exposición ‘Peregrinos. O Camiño de Santiago de Compostela’ considerada como a gran exposición da cultura xacobea en Europa Occidental. A mostra supón unha nova achega dentro da liña de acción promocional do Camiño de Santiago que leva a cabo o Museo Catherjineconvent e a Asociación Holandesa de Amigos do Camiño. Asemade trabállase na realización dun congreso internacional que terá lugar do 2 ao 4 de novembro e explicará ao público o significado e a importancia das peregrinacións xacobeas.
O proxecto complétase con visitas guiadas, actividades especialmente deseñadas para alumnos de primaria e secundaria, conferencias e obradoiros para nenos.