A carpintería de ribeira, actividade de futuro

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou a construción naval en madeira como “unha actividade de futuro”, que conxuga o saber, a tradición e os coñecementos técnicos precisos. A conselleira destacou os “pasos en firme” que se están a dar co sustento da tradición porque “estas xornadas son un feito importante para encadear de cara ao futuro o saber acumulado durante séculos”. Díxoo durante o acto de clausura das IV Xornadas de Construción Naval en Madeira, organizadas pola Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) que se celebraron en Boiro.