Representantes de obras públicas das comunidades de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Navarra asinaron unha declaración institucional na que defenden a introdución do Corredor Atlántico Ferroviario entre as liñas básicas prioritarias da nova Rede Transeuropea de Transporte (TEN-T), que dará a coñecer a Comisión Europea a vindeira semana. Os conselleiros de obras públicas fixeron un apoio expreso á execución dos investimentos necesarios para a adecuación do Corredor Atlántico Ferroviario e a súa conexión coas terminais portuarias e as principais plataformas intermodais da fachada atlántica, rede na que estarían integrados os portos galegos de interese xeral xunto cos principais portos e centros loxísticos do eixo atlántico peninsular.
Todas as comunidades autónomas presentes tamén realizaron unha petición explícita ao Estado para que este leve a cabo “a finalización da rede ferroviaria de Alta Velocidade no Norte e Noroeste de España, de forma coordinada co Corredor Atlántico”, ao obxecto de acadar unha rede ferroviaria “que posibilite o equilibrio territorial e ofreza unhas condicións de accesibilidade similares a todos os cidadáns”.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, sinalou que non se trata de ir contra ninguén, en referencia aos corredores Central e Mediterráneo que tamén aspiran á declaración de prioritarios, senón de reivindicar un dereito e unha proposta. Na actualidade, existen dous eixes que cruzan os Pirineos e que conectan a Galicia co resto de Europa, polo que é de sentido común, considerou o conselleiro, aproveitar ao máximo eses corredores antes de investir inxentes cantidades de diñeiro na apertura dun terceiro eixe, máis custoso e que implicarían maiores riscos, tanto técnicos como económicos.