Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo, o 27 de setembro, a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizarán unha xornada no Gaiás na que os participantes coñecerán o complexo arquitectónico. Esta iniciativa está reservada ás primeiras 55 persoas que acudan ás oficinas de Turismo da Xunta de Galicia, situadas nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais de Vilagarcía de Arousa e Tui, indicando a súa intención de participar nela.
A reserva das prazas terá que realizarse entre os días 19 e 22 de setembro, ambos incluídos, en horario de 10,00 horas a 14,00 horas, nas anteditas oficinas de Turismo. Os interesados recibirán un bono/convite que inclúe a visita e o desprazamento e ida e volta gratuítos en autobús entre o complexo arquitectónico e as localidades nas que se sitúan as oficinas de Turismo da Xunta de Galicia.