O operador turístico británico Kirker, especializado na organización de viaxes exclusivas, acaba de incluír no seu catálogo dedicado á cultura e á música europeas para o ano 2012 un programa de sete días en Galicia centrado nos xardíns e os pazos.
Esta é a primeira vez que o operador especializado Kirker inclúe o destino Galicia nos seus programas. A oferta galega preséntase xunto aos xardíns da illa de Madeira, os da Costa Azul (Francia), Toscana (Italia), Lago Maior (Italia) e a contorna da cidade de Roma.
Santiago, A Estrada, Betanzos, Vilagarcía de Arousa ou Soutomaior son algunhas das paradas que inclúe esta programación.