Transporte público transfronteirizo e á medida para o Val do Miño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asumeu o cargo de presidente da Asociación de Municipios de Vale do Minho (Uniminho) no transcurso dun acto no que foi aprobado o presuposto de 291.606 euros para o 2011 en 291.606 euros e no que deuse o visto bó ó informe final do Plan de Transportes Transfronteirizo que será presentado en Lisboa, Porto, Santiago, Madrid e Bruselas.

Uniminho é unha entidade constituida por concellos galegos e portugueses para desenvolver conxuntamente proxectos de emprego, cooperación institucional e servizos públicos. A súa área de influenza son 211.933 habitantes residentes en 22 concellos (6 portugueses: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha (77.807 habitantes); e 16 da provincia de Pontevedra (os das comarcas de Baixo Miño, Condado-Paradanta ademáis de Salceda de Caselas e Porriño (134.126 persoas).

O Plan de Transportes Transfronteirizo prevé o desenvolvemento inicial de proxectos piloto, relativos a transporte público e a transporte a medida. O primeiro sería de carácter transfronteirizo, concebido coa consideración dun transporte interurbano regular entre os concellos de España, completado por un transporte internacional para Portugal. Un eventual acordo entre a rexión norte de Portugal e a Xunta podería contemplar un esceario de cooperación entre varios operadores ou completar ou interligar as liñas xa esistentes. Os proxectos pilotos son a extensión da liña Vigo-Tui ata Valença e a creación dun Circular polos concellos comprendidos no Val do Minho.

O segundo, é un transporte á medida que tome por base o Acordo entre España e Portugal para servizos de taxi. Prevé a creación de liñas de transporte con capacidad de 5 a 12 prazas e de servizos de taxi con máis de 7 prazas.

O Plan será presentado ante autoridades con competencia na materia de España, Portugal, Galicia para estudiar a súa financiación. No estudio e informe final hoxe presentado na Deputación de Pontevedra contemplanse datos como os seguintes: