Terras de Pontevedra, á venda

A Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra presentou o proxecto “Paquetes Turísticos en Terras de Pontevedra”, un compendio de corenta maneiras diferentes de gozar deste destino. Baséanse nos produtos xa creados, como “Arte Rupestre”, “Turismo rural e de natureza” ou “Ruta dos Arrieiros” e poden adquirirse xa a través de axencias de viaxe tradicionais ou na rede, o que supón un proxecto innovador en destinos.

Dende percorrer a cabalo o Camiño Portugués ata surcar as augas da ría de Pontevedra a bordo das máis modernas embarcacións, Terras de Pontevedra soubo combinar a oferta turística coa que conta o territorio e deulle saída ao mercado. O primeiro paso foi a posta en valor do destino e agoro tócalle turno á comercialización.


O alcalde de Pontevedra e presidente da Mancomunicade Turística, Miguel Anxo Fernández Lores, salientou que o desenvolvemento do Plan de Dinamización do Produto Turístico deu como resultado unha oferta pioneira en Galicia concebida para "a dinamización da comarca -integrada por sete concellos- e desestacionalizar o turismo".