Dentro dos actos do programa da vindeira edición de Termatalia, o día 22 celebrarase unha sesión monográfica baixo o título “Hidratación con auga mineral natural como fonte de saúde”, que correrá a cargo de expertos do Instituto de Investigación Auga e Saúde. Así, profundizarase sobre as diferencias entre a auga envasada e a auga da billa, a hidratación con auga mineral natural, os beneficios das augas minerais segundo a súa composición e o papel da auga mineral natural na infancia, entre outros aspectos.A xornada inclúese no VI Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que acolle Termatalia.