A Deputación de Pontevedra iniciou a construción dunha nova Pousada, neste caso a que se ubicará na zona da Armenteira. Coa colocación da primeira pedra, acto ao que acudiu o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o organismo provincial comeza unha actuación que conleva un investimento superior aos 2,5 millóns de euros. Prevese que as obras estean finalizadas no verán de 2012.A Pousada ubicarase nun terreo agrupado de 23 parcelas que foron adquiridas a 13 propietarios, cunha superficie total de 7.783 metros cadrados. Contará con 26 habitacións e dependencias como un restaurante, salas comúns, espazos de ocio e deporte, etc.