Os socialistas denuncian o aprazamento da construción da escola de hostalería Carlos Oroza

O voceiro de Educación do Grupo Parlamentario do PSdeG, Guillermo Meijón (foto), vén de denunciar o retraso na execución do proxecto da nova escola de hostalería Carlos Oroza, de Pontevedra. Os socialistas cualifican de “palabrería barata” as promesas do conselleiro do ramo coa cidade do Lérez, cando manifestou, en novembro de 2010, que “estamos convencidos de que Pontevedra e a súa área precisan seguir apostando pola formación dos profesionais de turismo e de hostalería. Por iso a actual consellería asumiu propiciar que o CIFP Carlos Oroza debe contar cun novo edificio”. Daquela, o conselleiro sinalaba que cando o Concello resolvera a cesión dos terreos iniciaríase o proxecto porque “contamos con recursos orzamentarios para iso”. Sen embargo, os socialistas cren que esas partidas presupostarias poderían ser “desviadas”.

Con respecto ao Carlos Oroza, os socialistas sinalan que "aínda recae outra sospeita acerca de se a decisión de non construír o novo centro responde a un pacto pechado entre Louzán e Feijóo para facilitar a construción do Centro de Hostalería da Lanzada".