O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia colabora nunha expedición en barco para a procura da observación de aves e cetáceos nas proximidades das illas, na coñecida como “Ruta dos Cetáceos”, promovida por Cruceros Rías Baixas. De feito, o barco percorrerá a mesma ruta que seguen as baleas polas proximidades de Galicia na súa viaxe en dirección cara ao norte que emprenden anualmente nesta época.
A actividade está programada para o domingo 25 de setembro, partindo do porto de Portonovo ás 08:30 horas. Navegarase rumbo sur para a visión de aves e cetáceos ata chegar, contra as 13:30 horas á Illa de Ons, onde os integrantes da expedición descansarán. Contra as 17:00 horas deixarase a illa con destino a Portonovo. Así, desenvolverase unha ruta circular cercando o maior tempo posible o camiño dos cetáceos, para dispor dun maior número de oportunidades para contemplalos.
Ás persoas que desexen formar parte desta iniciativa recoméndaselle un equipamento axeitado ás condicións da viaxe, como roupa de abrigo e cómoda, protección solar e comida. Ademais, aconséllase levar material complementario como prismáticos, mapas ou guías dos animais para sacarlle un maior rendemento á actividade.