Incremento da competitividade, para responder á crecente demanda de alimentos; maior transparencia nos mercados internacionais, para reducir a especulación nos prezos; e aposta pola sanidade e o benestar animal como claves para seguir exportando con éxito. Estes son, segundo Samuel Juárez, os tres grandes retos que ten que afrontar o sector porcino tanto no ámbito mundial como en España e Galicia en particular. Así o explicou o titular de Medio Rural na inauguración do VI Congreso Mundial do Xamón Lugo 2011, que se desenvolve na cidade das murallas ata o vindeiro venres.
Samuel Juárez advertiu que o sector porcino ten unha gran importancia económica e social en Galicia e no conxunto de España e que precisa seguir gañando en competitividade para manter este pulo. Engadiu que este congreso de Lugo incide de xeito positivo neste obxectivo, xa que aporta ao sector produtor a posibilidade de achegarse a cuestións que lle son de especial interese, caso dos avances en materia de mellora xenética e de selección; novidades en tecnoloxías de alimentación animal e de procesado de carnes; control de calidade ou trazabilidade dos produtos, que son cada vez máis necesarias para poder ter presenza con éxito nos mercados dos países desenvolvidos.
Este sexto congreso mundial de Lugo sucede aos celebrados en Córdoba no 2001, Cáceres (2003), Teruel (2005), Salamanca (2007) e Aracena (Huelva) no 2009.