Golfeando por Galicia

Os campos de Mondariz Balneario e Meis acollen, entre hoxe e o xoves, a final do I Circuíto Sénior de Golf Turgalicia, evento organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, co obxecto de promocionar a Comunidade galega como destino turístico de golf entre o público español. A esta final chegan 20 golfistas que competirán por sete premios, logo de terse desenvolvido a fase previa deste torneo nos campos de Layos (Toledo), Zarapicos (Salamanca), Los Baragales (Asturias), León Club de Golf (León) e Jarama RACE (Madrid).

O I Circuíto del Golf Sénior Turgalicia enmárcase dentro das accións do Plan de Acción do Turismo de Golf de Galicia 2010-2013 que ten o obxectivo de converter o golf nun recurso turístico que potencie a chegada de novos turistas a Galicia.