Galicia intégrase no proxecto europeo Afresh

Este xoves preséntase en Santiago o proxecto Afresh, unha iniciativa na que participa Galicia xunto a outras sete rexións europeas de Bélxica, Francia, Hungría, Holanda, Polonia, Reino Unido e Alemaña que buscan establecer proxectos de investigación conxuntos relacionados cos alimentos e a saúde para potenciar unha Europa saudable. O proxecto está financiado con 2,95 millóns de euros procedentes da Unión Europea.

Galicia participa a través da Plataforma Tecnolóxica Agroalimentaria Galega (Ptgal), representada no proxecto polo consorcio formado polas Universidades de Vigo e Santiago, o CSIC, Anfaco-Cecopesca, o Centro Tecnolóxico da Carne e diversas empresas, ademais da Dirección Xeral de Investigación.