Craega prepara unha nova edición das súas xornadas de restauración ecolóxica

O Restaurante España de Lugo acolle este mediodía, ás 12:45 horas, a presentación das xornadas de restauración ecolóxica de Craega. Este ano colaboran restauradores das provincias de Lugo e Coruña, “para tentar de achegar o máximo número posible de comensais aos menús ecolóxicos”, sinala o Consello Regulador. A presentación destas xornadas correrá a cargo de Héctor López, xefe de cociña do Restaurante España (foto), e José Antonio Fernández, Presidente do C.R.A.E.GA.