Castro Baroña BIC

A Xunta de Galicia aprobou a declaración do Castro de Baroña, no concello coruñés de Porto do Son, como ben de interese cultural, na categoría de arqueoloxía, e en recoñecemento do caracter senlleiro deste xacemento, como castro costeiro representativo dun tipo de hábitat prehistórico da costa atlántica galega. Cunha superficie de 53.733 metros cadrados é un dos xacementos máis visitados en Galicia.


O conselleiro asegurou que supón “unha inmensa satisfacción” que o Castro de Baroña sexa BIC, xa que esta declaración “garante a maior protección que prevé a nosa lexislación para un ben cultural, facéndolle así xustiza a este xacemento pola súa relevancia histórica, cultural, social e turística”.