Adega vén de presentar unha serie de alegacións ao proxecto da Demarcación de Costas que inclúe actuacións no entorno da lagoa da Frouxeira. Estas actuacións perseguen, segundo a organización ecoloxista, a “humanización definitiva dun dos ecosistemas costeiros de maior singularidade e diversidade de Galicia”.
Os ecoloxistas lembran que a praia e lagoa da Frouxeira acollen ata cinco figuras de protección, se ben a xestión do espazo foi “nefasta” ata o de agora, coa construción de aparcadoiros, paseos marítimos, xardíns, etc. Estas accións teñen ocasionado, segundo Adega, unha importante redución de hábitats prioritarios e a desnaturalización da lagoa.