Ir al contenido principal
Achádegos importantes na prospección arqueolóxica da ría de Corcubión
A Consellería de Cultura e Turismo vén de presentar o balance dos traballos de prospección arqueolóxica subacuática e de cartografía dos pecios localizados en campañas anteriores no entorno do cabo de Fisterra e da ría de Corcubión. Durante a campaña, desenvolvida no mes de xullo, descubríronse catro novos xacementos, dous deles pertencentes á flota de 1596 ao mando do avanzado de Castilla Martín de Padilla, e outros dous documentados como vapores ingleses de finais do século XIX e principios do XX en profundidades de ata 54 metros. Comprobáronse máis de cincuenta puntos, nos que destaca a localización dunha áncora de ferro de tipo Almirantazgo.
Os traballos foron levados a cabo por un equipo de sete persoas ao longo de 22 días, totalizando máis de 200 inmersións e ao redor de 260 horas de traballo submarino.
Estes traballos espertaron interese internacional, non só pola existencia dunha flota pertencente a unha época tan importante desde o punto de vista da historia naval, senón en xeral pola riqueza de naufraxios de todas as épocas localizados no ámbito do cabo Fisterra.