A Academia Galega de Gastronomía quere recoñecer o labor que realizan os Paradores de Turismo galegos en canto á promoción da riqueza culinaria da Comunidade. Así, o presidente do colectivo, Francisco G. Bobadilla (foto), acompañado de varios socios, fará entrega este mércores ao presidente de Paradores, Miguel Martínez, dun diploma conmemorativo e unha metopa a cada un dos establecementos que a Rede ten en Galicia, en virtude “dunha excelente posta en valor dos produtos españoles en xeral e dos galegos en particular”. O acto de entrega celebrarase no Parador de Santiago ás 12.00 horas.Paradores de Turismo foi declarada pola Academia Galega de Gastronomía unha empresa modélica na súa defensa da riqueza culinaria do noso país, así como de receitas tanto tradicionais como modernas elaboradas con produtos autóctonos de primeira calidade.