Gañadores do concurso de coctelería Torre de Hércules

O Café Nature, co seu Mojito de Mango, na modalidade de cóctel clásico, o 981 con Amón, na modalidade de cóctel creativo e o Drowsy Duck, con Porteño na modalidade sin alcohol, foron os gañadores do Primeiro Concurso de Coctelería, Torre de Hércules. O concurso forma parte das preto de 200 actividades que se realizaron dentro ca campaña “Come A Coruña”, que contou con gran éxito de participación.


Neste sentido o tenente de alcalde da Coruña e responsable da área de Turismo, Henrique Tello quixo suliñar os bos datos de ocupación hoteleira do 75% ofrecidos polo sector e unha vez máis fixo fincapé en que a pesar do mal tempo A Coruña segue a ser unha cidade moi visitada porque o que busca o turista aquí é fundamentalmente gastronomía e natureza.


Aínda que un dos platos fortes do abril gastronómico era a Carpa DeGústame e a Aula Gastronómica (pola que pasaron 3.000 persoas) que pecharon as súas portas o Domingo de Pascua, durante esta semana aínda se poden degustar menús especiais (María Pita e Torre de Hécules) a prezos únicos, 15 e 25 euros respectivamente nos mellores restaurantes da ciade.