A XIII Gala do Turismo e Gastronomía de Galicia volve a ser a gran convocatoria intersectorial

O ministro de Fomento recolleu a Medalla Dagda concedida ao seu departamento na categoría de Conservación do Patrimonio

A comarca de Arousa “colou” entre os premiados ao Albariño Pazo Baión e Mariscos Laureano

Monteverde, Bagos e o Concello de Poio coparon os protagonismos da comarca de Pontevedra

A cidade herculina estivo representada por Distribuciones Morandeira, o Club Gastronómico Rías Altas, Miguel Conde e Turismo de A Coruña

O Deza acaparou varios premios da man de Gerlo, o Cocido do restaurante Cabanas e o xefe de sala Nacho Costoya

De Ourense chegaron varios galardoados, como as adegas Ribeiro do Avia e a Sopa de Castañas de A Rexidora

Lugo tamén aportou protagonismos, da man da hospedería San Giraldo de Aurillac e varios proxectos de investigación sobre a Ribeira Sacra

Grandes empresas como Calvo, Grupo Terras Gauda, Carrís Hoteles ou Feiraco, entre os premiados


Pontevedra, 2 de marzo.- O auditorio de Novacaixagalicia en Pontevedra acolleu este mércores, 2 de marzo, a XIII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, o maior evento intersectorial de cantos se celebran na Comunidade relacionados co turismo e a hostalería e ao que asistiron máis de 500 persoas. A organización correu a cargo, unha vez máis, do Grupo Hostelería Galega & Turismo, que contou co apoio da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet).

O encontro contou coa presenza do ministro de Fomento, José Blanco, dado que o seu departamento foi un dos finalistas aos Premios HG&T-Agaxet, que se concederon no transcurso da Gala.

Presentada polo comunicador ourensán Xosé Manuel Piñeiro, a Gala comezou coa entrega dos diplomas ao podio do XI Campeonato Galego de Cociñeiros, celebrado recentemente en Ferrol. O ouro foi para Marco Varela –que representará a Galicia no Campeonato de España-, a prata para Lorena Moldes e o bronce para Iván Méndez.

Ademais, fíxose entrega dos Premios HG&T-Agaxet e das Medallas Dagda que recoñecen aos mellores profesionais, empresas e iniciativas do sector do ano anterior, neste caso de 2010. Os diplomas foron para:

1. Oferta de equipamentos
Distribuciones Morandeira
Distribuciones Monteverde
Gerlo

2. Divulgación e imaxe intersectorial
Pazos de Galicia
Hospedería San Giraldo de Aurillac
Galicia para el Mundo

3. Produto do ano
Mariscos Laureano
A Rosaleira
Albariño Pazo Baión
Feiraco

4. I+D e Formación
Proxecto cara a zonificación da D.O. Ribeira Sacra (Dirixido por Mar Vilanova)
Proxecto sobre a idoneidade do carballo galego para a crianza de viños (Dirixido por Ignacio Díaz-Maroto)
Anfaco
IES Fragas do Eume
Aula Portomuiños

5. Prato do ano
Cocido (Restaurante Cabanas-Lalín)
Sopa de castaña con roliños de outono (Rest. A Rexidora-Barbadás)
Langostinos en tempura (Taberna Bagos-Pontevedra)

6. Proxectos empresariais e profesionais
a) Empresas:
Grupo Calvo
Carrís Hoteis
Hotel Nagari

b) Profesionais:
Miguel Conde
Nacho Costoya
Elicio Magallanes

7. Accións de Promoción
a) Iniciativa pública:
Rías Baixas: Turismo e Consello Regulador
Turismo de A Coruña
Concello de Poio
Cámara Municipal de Monçao

b) Iniciativa privada
Marqués de Vizhoja
Asoc. Bodegas do Ribeiro do Avia
Menú Xacobeo Club Gastronómico Rías Altas

8. Promoción e conservación do Patrimonio
Asociacion Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte
Ministerio de Fomento


De entre os premiados co Diploma, elixíronse os destinatarios das Medallas Dagda, galardón este último que concede a prensa especializada (Agaxet). Os galardoados coas Medallas foron:

1. Oferta de Equipamentos: Distribuciones Monteverde
2. Divulgación e Imaxe Intersectorial: Galicia para o Mundo
3. Produto do ano: Albariño Pazo Baión
4. I+D e Formación: Proxectos de investigación dirixidos por Mar Vilanova e Ignacio Díaz-Maroto
5. Prato do Ano: Sopa de castaña con roliños de outono, de A Rexidora
6A. Proxectos Empresariais: Carrís Hoteles
6B. Proxectos Profesionais: Miguel Conde
7. Accións de Promoción: Rías Baixas, Turismo e Consello Regulador
8. Conservación do Patrimonio: Ministerio de Fomento


Ademais, no transcurso da Gala fíxose entrega do Dagda Extraordinario –concedido pola Redacción de HG&T- que recaiu no Salón Internacional del Club de Gourmets, polo seu recente 25 aniversario. Recolleu o recoñecemento Fernando Jover, socio fundador.


Patrocinios
A celebración da Gala non tería sido posible sen a colaboración do Concello de Pontevedra (Concellería de Turismo), como principal patrocinador, e das seguintes empresas:

Bodega Mar de Frades
Begano
Codorníu
Jamones El Fregenal
Bodegas Julian Chivite
Rectoral de Amandi
Aguas de Sousas
Cervezas Mahou
Queixos Bama
Nor-Ibéricas de Bebidas
Novacaixagalicia