Acordo para impartir formación na Pousada da Lanzada

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse co conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad. Tras a xuntanza, os dous políticos anunciaron un futuro acordo para impartir formación regulada en Hostalería nas instalacións da Pousada de A Lanzada, unha vez rematada. Esta era unha das condicións que esixían os veciños de O Grove para aceptar a conversión do antigo sanatorio en Pousada.