A Consellería de Cultura, tras logar un acordo para abrir ao público do Castelo de Pambre, situado no concello lugués de Palas de Rei, traballa agora para acadar un acordo cos propietarios e conseguir a titularidade pública do monumento. Nos cinco meses que esta fortaleza leva aberta ao público máis de 13.000 visitantes se achegaron a visitala.
Segundo o director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, “o primeiro paso que era a apertura ao público do Castelo está cumprido, e agora estamos traballando cos actuais propietarios para tratar de conseguir a titularidade pública do ben”. “Con este propósito, desde o mes de xuño mantivéronse distintas reunións, partindo dunha valoración inicial do estado de conservación do ben e as actuacións precisas para a consolidación do monumento”, engadiu.
Este proceso presenta algunha dificultade pola propia situación dos bens, a maior parte deles sen inscrición rexistral ou catastral polo anterior propietario, o que dificulta a propia concreción do caudal hereditario que sería obxecto de transmisión.