A Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) celebra este sábado en Pontevedra a súa Asemblea Xeral, na que está prevista a renovación da súa actual Xunta Directiva. O encontro terá lugar tras a celebración dun xantar de confraternidade nas instalacións do Restaurante Mochi.
O principal punto da orde do día será a renovación da Xunta Directiva. Rematado o prazo de presentación de candidaturas –este xoves- non se presentou ningunha lista pechada pero varios socios xa amosaron a súa disposición a sumarse ao equipo actual, presidido por Guillermo Campos. Entre os socios que se integrarán na directiva están Ignacio Capeáns, director de Antena3 Galicia e Onda Cero Galicia, e Xosé Ramón Pousa, escritor e profesor da Universidade de Santiago.
Co equipo directivo reforzado, Guillermo Campos pretende continuar co traballo realizado ata o de agora, que axudou a consolidar a posición de Agaxet a nivel rexional e nacional. “A incorporación de socios do peso de Capeáns e Pousa contribuirá a impulsar definitivamente a asociación”, sinalou Campos.
Na actualidade, forman parte de Agaxet 35 socios e socias procedentes de diferentes ámbitos da profesión, como xornalistas de prensa, radio e televisión, escritores, reporteiros gráficos, profesores universitarios, etc.