O parlamento aproba unha iniciativa do PP para a posta en servicio do ave vigo-porto en 2015

A Comisión de Infraestruturas do Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xunta a demandar do Goberno do Estado que acade urxentemente un acordo co Goberno de Portugal para a posta en servicio do AVE Vigo-Porto en 2015. A proposición non de lei insta tamén á Xunta á posta en servicio nese mesmo ano do treito Porriño-fronteira portuguesa.

O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, lembrou que o Pleno do Parlamento galego xa acordara en xuño pasado instar á Xunta a solicitar ese acordo para que o AVE Vigo-Porto estivera en funcionamento en 2015. Así mesmo, destacou que o 27 de outubro pasado a Dirección Xeral de Transportes da Comisión Europea outorgou á construcción do AVE Vigo-Porto, incluído entre os 92 proxectos de infraestruturas prioritarios do programa RTE-T, unha prórroga de dous anos para ser finalizado, é dicir, ata finais de 2015.

Sen embargo, e malia que o ministro de Fomento, José Blanco, prometeu esta infraestrutura para 2013, retrasándoa despois a 2015, “non se iniciaron negociacións ao respecto”. O ministro “segue de brazos cruzados”, apuntou Gómez Alonso.

Na súa intervención para a defensa da iniciativa, Gómez Alonso salientou que a Eurorrexión está a perder máis de 17.000 millóns de euros “do negocio que se xeraría” con esa conexión, “gracias á incompetencia do Goberno central”. Gómez Alonso lembrou que “cando España e Portugal estaban en sintonía plena había un compromiso forte e serio para que as marxes do río Miño se dotasen de infraestruturas de comunicación dimensionadas, potenciando a proximidade económica e social”.

Sen embargo, “a Eurorrexión é hoxe, gracias ao partido socialista, un espazo sen perspectivas de futuro e que perde competitividade económica día a día”, engadiu o deputado, quen apuntou que os prazos das infraestruturas comprometidos co anterior goberno portugués “levan un atraso medio de cinco anos”.

“Os gobernos do señor Zapatero e Touriño mentiron unha vez máis aos galegos cando afirmaban que rematarían o tramo en 2009 e que se sacaría a información pública o estudio informartivo do AVE Vigo-fronteira portuguesa en 2007”, afirmou o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular en referencia ao cumio de Badaxoz. Touriño, ademais, “mentiulle a esta Cámara cando deu conta dos compromisos do cumio de Évora e afirmou que se ía realizar un estudio para conectar o AVE Vigo-Porto, que estaría rematado a finais de 2006”.

Gómez Alonso referiuse momentos antes ao cumio de Figueira da Foz do ano 2003, no que o Ave Vigo-Porto era “absolutamente prioritario en ambas marxes do río Miño e o prazo comprometido foi o 2009”. Sen embargo, “Galicia perdeu posicións no cumio de Évora, en novembro de 2005, respecto dos acordos acadados polo Partido Popular en Figueira da Foz”, dous anos antes. Así, en Évora, “o AVE transfronteirizo co norte de Portugal simple e sinxelamente desapareceu nun horizonte temporal indefinido”.

Doutra banda, Gómez Alonso destacou que “non pode haber AVE transfronteirizo se non está en servizo o AVE do Eixo Atlántico”, que considerou “a obra máis importante para a comunicación interior de Galicia, despois da construción da A-9”, e lembrou que o compromiso parlamentario para esa infraestrutura “era o 2007”.