O futuro do sector cárnico galego pasa por ter moi en conta conceptos como a “sostibilidade, calidade e seguridade alimentaria, alimentación e saúde, deseño e produción industrial e alimentos en tendencias de consumo”. Así o afirmou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, na inauguración da xornada sobre o sector cárnico en Galicia-Norte de Portugal, que se celebra na sede do Centro Tecnolóxico da Carne, en San Cibrao das Viñas (Ourense).
Na súa intervención, o titular de Medio Rural salientou que o eido agroalimentario “é de gran importancia, tanto polas súas cifras, xa que é o segundo en facturación, como pola súa interdependencia cos sectores produtivos e extractivos”. O conselleiro advertiu que, dentro do cárnico en particular e o alimentario en xeral, “a aposta pola calidade e a seguridade alimentaria dende a Xunta de Galicia é unha constante”. Un bo exemplo, explicou, “é a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, con máis de 110.000 tenreiros identificados anualmente e unha produción de 17.000 toneladas e un volume de negocio en primeira venda entre a industria e a distribución por valor de 85 millóns de euros”.