O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, asistiu hoxe á rolda de presentación do Festival de Jazz de Lugo, incluído no ciclo Galicia ao Vivo da programación de Xacobeo 2010. A vixésima edición deste certame celebrarase desde o próximo xoves 11ao sábado 20 de novembro. Durante a súa intervención, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que este certame é “unha proposta que encadra á perfección coa programación deseñada para este Ano Santo, na que, de xeito totalmente gratuíto, os lucenses e os que se acheguen a esta cidade terán a oportunidade única de gozar co mellor do jazz”.