O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón, asinaron un convenio de colaboración para a realización de diferentes accións de divulgación e fomento da actividade cinexética. O acordo refírese a diversas iniciativas relacionadas coa información aos cazadores, a sensibilización en materia de seguridade e a formación específica en áreas como a lexislación, xestión administrativa e xestión de especies e territorios.
No que atinxe á información aos cazadores, introduciranse novas seccións e ampliaranse contidos na web da Federación co obxecto de que os cazadores e sociedades de caza poidan atopar toda a información que precisen sobre a actividade, xestións varias e mesmo realizar trámites on line a través desta web. En canto á seguridade, un ano máis levarase a cabo a campaña “Caza seguro para cazar ben”, que ten por obxecto a concienciación dos cazadores para acadar a sinistralidade cero, fomentando entre os afeccionados á caza a necesidade de extremar ao máximo as medidas de seguridade.