Valença do Minho anímase

Dezaseis espectáculos musicais e de animación de rúa van dar vida ás explanadas de Valença neste mes de agosto, nunha iniciativa da Cámara Municipal encadrada no programa “Valença Cidade Activa”. Os espectáculos, eminentemente musicais, pretenden dar vida ás rúas e prazas da localidade fronteiriza durante o mes de agosto, no que acolle a centos de visitantes. Un motivo máis para achegarse a esta cidade e gozar coa súa variada oferta turístico-gastronómica.