O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, asinaron un convenio de colaboración para a apertura e visitas públicas ao Castelo de Pambre. O horario para a realización destas visitas, que serán gratuítas, é o seguinte: no verán, todos os días de 11.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; o resto do ano, todos os días de 11.00 a 13.00 horas e de 14.00 a 20.00 horas.
Coa apertura ao público desta fortaleza potenciarase a promoción do Camiño de Santiago e será unha fonte de atracción turística para Galicia, posto que se trata dun valor patrimonial de enorme importancia. Este monumento, de longa traxectoria histórica e cuxa construción data do século XIV, está tamén catalogado como Ben de Interese Cultural.