A temporada turística está sendo moi satisfactoria para A Coruña

O concelleiro de Turismo de A Coruña, Herique Tello, vén de cualificar de “moi positivos e satisfactorios” os datos turísticos relativos á campaña estival, baseándose en tres factores fundamentais: a ocupación hoteleira, o número de visitantes á Torre de Hércules e as persoas que pasaron pola Oficina de Turismo. No que respecta á ocupación hoteleira, a 30 de xuño, pernoctaron na cidade 231.489 persoas, 21.649 máis que as que o fixeron durante o mesmo período do ano pasado. Entre turistas (aquelas persoas que sí fan noite na Coruña) e visitantes (os que non durmen na cidade) a cifra ascende a 600.000 persoas. Segundo Henrique Tello, e tendo en conta estes datos, as previsións apuntan a que A Coruña superará no 2010 a cifra do millón de visitantes acadada o ano pasado.

O número de persoas que visitan a Torre de Hércules é outro dos barómetros que serve para medir o incremento de turistas na cidade. Así, durante os seis primeiros meses do ano visitaron o faro 1.025 persoas máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 20%. No que respecta ao número de persoas atendidas na Oficina de Turismo de María Pita, no mes de xuño atendéronse 2.211 persoas, 769 máis que o ano pasado, o que significa un 34% de incremento. O responsable da área de Turismo sinalou que un dos grandes retos de cara ao final de ano é sentar as bases para que o 2011 poida manter as excelentes cifras tanto de ocupación como de número de visitantes.

Por outra banda, a Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación e execución do novo Centro de Recepción de Visitantes da Torre de Hércules. Henrique Tello suliñou o carácter provisional deste centro e amosou a súa intención de que o edificio do vello cárcere se convirta no centro de recepción e interpretación definitivo. Para elo, Tello pedíu o esforzo non só económico, senon administrativo e institucional de todas as administracións e intitucións.