Luis Tosar, embaixador do Casco Vello de Vigo

O actor galego Luis Tosar recibiu a praca que o nomea como “Embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo” de mans do tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen agradeceu a colaboración absolutamente desinteresada do actor coa cidade: “Hoxe é un dos días nos que me sinto máis satisfeito porque teño a honra de que un gran artista como Luis Tosar, recoñecido en todos os lugares polo seu traballo e pola súa aposta por Galicia e as súas xentes, aposte tamén pola nosa cidade”, sinalou.

Pola súa banda, o actor explicou que non tardou moito en aceptar o recoñecemento porque “aínda que non son de Vigo, teño moitos vínculos con Vigo, moitos amigos que viven aquí, experiencias cinematográficas, teatrais e incluso musicais... Por iso, aceptei encantado e o que da as grazas son eu”.