A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou a nova edición da guía turística ‘Arousa’, un proxecto da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. A guía, da que se editarán un total de 12.000 exemplares, recolle os valores turísticos, culturais, tradicionais, gastronómicos e históricos dos máis de 22 concellos que conforman a zona.
A secretaria xeral felicitou ao actual presidente da fundación, Javier Sánchez Agostino, por recoller “o legado da xestión, coordinación e documentación que deixou o seu pai, para quen a Ruta do Mar de Arousa e Ulla era a nai de todas as rutas xacobeas a Compostela”.