Unha travesía de galeóns polo Ulla promociona a ruta xacobea por mar

Vilanova de Arousa rememora este próximo sábado o patrimonio marítimo galego a través dunha travesía de galeóns polo río Ulla na que participarán doce destas embarcacións tradicionais galegas.

O evento busca divulgar a importancia dos galeóns como principal medio de transporte de mercadorías de mediados do século XX e promocionar a ruta xacobea polo mar.

A denominada '1ª Concentración de Galeóns Rabandeira, Travesía Xacobea polo Ulla' está organizada pola FEderación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, en colaboración coa asociación deportivo-cultural 'A Rabandeira' e co patrocinio da Consellería do Mar, Xacobeo 2010 e a Deputación Provincial de Pontevedra.