Setenta informadores turísticos prestarán atención aos visitantes da provincia de Pontevedra este ano
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente do organismo autónomo Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, tomou parte na xornada formativa dos 70 axentes que desenvolverán accións de soporte informativo aos turistas que acudan á provincia de Pontevedra durante os meses de verán. Estes informadores desenvolverán o seu traballo en 41 dos 62 concellos da provincia.
“Se queremos potenciar o noso destino turístico coma un destino de calidade debemos ter moi en conta a imaxe, a rapidez na xestión á hora de buscar solucións aos problemas plantexados e, sobre todo, recabar a valoración dos turistas que visiten as Rías Baixas, posto que toda esa información será empregada no noso Observatorio Turístico, unha ferramenta que só pode axudarnos a mellorar o que xa temos”, indicou Figueroa.