A Fundación CEL (da Confederación de Empresarios de Lugo) entrega este martes os premios á iniciativa empresarial, actividade empresarial e promoción empresarial. Nesta última categoría o premio céntrase en proxectos de promoción exterior da provincia de Lugo e recaiu, de forma conxunta, no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e no Consorcio Turístico da Ribeira Sacra.
O premio pretende recoñecer e estimular o traballo de divulgación e promoción da provincia de Lugo, por medio da posta en marcha de estratexias de comercialización nacional ou internacional, así como aqueles proxectos de promoción da provincia que destaquen as súas ventaxas e posibilidades económicas, culturais e turísticas. O encargado de entregar o premio será o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.