O colectivo de furancheiros de Galicia, dos que boa parte están ubicados nas Rías Baixas, veñen de alegar contra o borrador de modificación da Lei de Turismo da Xunta. Como recolle Xornal.com, os propietarios dos loureiros esixen regulación para non botar abaixo un costume con arraigo en Galicia. Os empresarios de hostalería, en cambio, piden que se vixíen estes establecementos pois acúsanos de “competencia desleal”.
José Luis Videira, presidente da Federación de Asociacións de Furancheiros de Pontevedra, considera que a modificación prevista pola Xunta –que deixaría aos loureiros fóra da Lei- é “un abuso de poder” e esíxelle á Xunta que dea marcha atrás “para salvar a tradición”.