Alevíns de rodaballos no Grove para repoboar a especie

A Consellería do Mar, a través do Instituto Galego de Formación en Acuicultura liberou un total de 5.000 alevíns de rodaballos na praia de San Vicente do Grove, nunha iniciativa que pretende devolver a estabilidade á pesca de baixura e aumentar a poboación de certas especies.

No que levamos de ano recuperáronse exemplares de rodaballo que superaban os 3 quilos de peso. Os exemplares liberados no Grove teñen un peso medio de 50 gramos e están marcados con dúas etiquetas que indican que son especies de repoboación.