O dez por cento os pasaxeiros do Sá Carneiro son galegos

O aeroporto da cidade lusa de Oporto convertiuse nunha das terminais preferidas dos galegos para viaxar, tanto que o 10% dos pasaxeiros que pasan polo Sá Carneiro son galegos. E a cousa non queda aí xa que a recente apertura de novas liñas pretende captar aínda máis clientes en Galicia. “Estamos preparados e queremos recibir a máis galegos”, asegurou o responsable do aeroporto Sá Carneiro, Rui Alves.



E mentres, o presidente de AENA, Juan Ignacio Lema Devesa, considera que a coexistencia de tres aeroportos en Galicia é “unha riqueza”. Nunha entrevista a La Opinión, o compostelán avoga por aproveitar a “gran potencialidade” dos tres aeroportos e “aunar esforzos para lograr un desenvolvemento maior”. Unha das liñas nas que hai que traballar –sinala Lema Devesa- é “que o tráfico internacional teña máis peso nos aeroportos galegos que na actualidade”.